Sandiás continúa co plan de mellora de refuxio de paradas coa instalación de novas marquesiñas na aldea de as pegas con códigos qr para consulta de horarios co teléfono móvil

Na Aldea de As Pegas o Concello de Sandiás vén de instalar dúas novas marquesiñas. Ambalasdúas dentro do Plan de mellora de refuxios de paradas dos servizos públicos de transportes de viaxeiros que está a impulsar a Xunta a través da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, Dirección Xeral de Mobilidade.

 

Trátase de marquesiñas cun deseño máis integrado na paisaxe a adaptado ao mundo rural e con maior funcionalidade. Cumpren coas normativas vixente de prevención de incendios e seguridade viaria. Esta actuación enmárcase no obxectivo de dotar de instalacións adecuadas as paradas das liñas de transporte, ofrecendo aos usuarios protección fronte ás inclemencias meteorolóxicas e mellorando a comodidade durante a espera.

 

Estas marquesiñas tamén conteñen como novidade códigos QR, un sistema implementado para consultar horarios e frecuencias en tempo real mediante o teléfono móbil. En Galicia, este sistema está integrado no transporte público, permitindo aos usuarios acceder á «marquesiña virtual».

 

Últimamente no Plan de Renovación do Concello de Infraestructuras varias o Concello vén de instalar varias marquesiñas en distintas aldeas ao longo dos últimos anos (aldea  da Fontela, Sandiás, Piñeira de Arcos, Alto do Novaíño, Coalloso,  Couso de Limia, As Pegas…) e continuará con dito plan de mellora e renovación de refuxio de paradas.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.