Sandiás cultiva a memoria | O Concello de Sandiás finaliza a cuarta etapa do obradoiro de estimulación cognitiva coa Asociación de Alzheimer de Ourense (AFAOR)

O pasado Venres, 13 de Xuño finalizou o obradoiro que a Asociación de Alzheimer de Ourense (AFAOR) e a Concellería de Política Social e Participación Cidadá do Concello de Sandiás, executaron e patrocinaron respectivamente destinado a persoas maiores válidas e/ou con deterioro cognitivo leve, con carácter gratuito ao longo do ano 2025.

O primeiro obradoiro comezou o 5 de Abril ás 16.30 h da tarde e o último finalizou o 13 de Xuño de 2025 cunha duración de tres meses. Dez sesións ao longo do mes de abril, maio e xuño compartindo e traballando.

Participaron un total de 24 veciñ@s das aldeas de Piñeira de Arcos, Arcos, Vilariño das Poldras, Lavandeira, Santana, Novaiño, Sandiás, Couso de Limia, As Pegas, Cardeita…

Houbo unha merenda de despedida e os participantes entregáronlle a Luisa, animadora dos encontros, un agasallo como mostra de agradecemento pola súa dedicación e ensino co corazón. Todos e todas esperan xa con ganas a edición do próximo ano.

Os obxectivos do obradoiro foron en liña de traballar o embexecemento activo.

Tratouse de poñer o cerebro á súa máxima funcionalidade e traballar as capacidades mentais como o cálculo, o razoamento, a memoria, e a atención para mellorar as mesmas”. Entre os tipos de actividades que se realizaron destacan a estimulación cognitiva, actividades de psicomotricidade, cálculo, razoamento, percepción, atención, memoria e interactividade con dinámicas grupais, comunicación e interacción entre as persoas”.

O Concello de Sandiás agradece a AFAOR e en particular a Luisa a súas ensinanzas e facer pasar uns maravillosos momentos xuntos.

 

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?