Grazas a Roberto Otero!
Xa está rematada unha das primeiras actividades do programa Verán-Outono Cultural Sandiás 2022. Por terceira vez consecutiva o Concello de Sandiás quere visibilizar a Violencia de Xénero nun mural creado polo artista de Sandiás, Roberto Otero. A creación da obra artística está situada nas bancadas da pista polideportiva ao carón do Albergue de Peregrinos.
A lenda “Nin unha menos” é unha consigna que deu nome a un movemento feminista xurdido en 2015 e que constituíu un berro colectivo contra as persoas que mutilan, invisibilizan e negan o dereito de vivir unha vida libre de violencias.
Roberto, o propio creador do mural indícanos que en relación coa parte técnica “foi un reto crear algo que encaixara de tal maneira que a bancada pasase a un segundo plano. Escollín unhas cores moi equilibradas entre si para crear armonía e paz. Decidinme por un azul ultramar para o texto e estampado co obxeto de resaltar o máximo a lenda”. “A moza da esquerda representa eses momentos tan duros que as vítimas da violencia machista viven, fronte a moza da dereita que representa un novo “ eu” despois da esperanza e o apoio que os colectivos brindan as vítimas”.
En relación co transfondo ideolóxico do mural, o creador destaca que “todas e todos debemos facer un gran esforzo por combater a secuela machista. Sempre penso que a evolución como especie retárdase en parte polos sucesos de Violencia de Xénero”. Como dicía Mahadma Gandhi, “os cambios da verdade e do amor sempre triunfaron o longo da historia e os malos e tiranos crense invencibles pero sempre terminan caendo”.
Según resolución do 8 de setembro de 2021, da Secretaría de Estado de Igualdade e contra a Violencia de Xénero, de transferencias para o desenrolo de novas ou ampliadas competencias reservadas a entidades locais no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero para o exercicio 2021 concedéronse o Concello de Sandiás 1.215,64€.