Sandiás desenvolve unha sesión técnica para aprender a solicitar o certificado dixital e consultas técnicas para autónomos, pemes e emprendedores no rural

O martes, 8 de abril, o Concello de Sandiás contou coa asistencia de varios veciños e veciñas na Casa da Cultura acompañados de técnicos da oficina Acelera Pyme que orientou a todos os interesados en achegarse en como solicitar subvencións vixentes para autónomos e pemes e demais dúbidas.

Ademais, tamén contou con técnicos para coñecer o proceso para solicitar o certificado dixital e consultar todas as dúbidas sobre o tema.

Con estas sesións técnicas preténdese impulsar a dixitalización e a mellora dos procesos de traballo por parte de pemes, autónomos e emprendedores no ámbito do rural.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.