Sandiás deu comezo a un obradoiro de costura

O pasado xoves, 25 de abril entre 18.00 h-20.00 h levouse a cabo a primeira reunión no local social do Concello de Sandiás para dar comezo ao Obradoiro de Costura que conta con 24 persoas participantes o que obrigou a organizalo en dous grupos, un os martes e o outro o xoves.

O obradoiro estará animado por Geni Losada natural da aldea de Piñeira de Arcos aínda que non vive parte do ano na Comarca da Limia pero con moita  experiencia no asociacionismo cultural. Genita pasa nove meses ao ano na súa terra e faille moita ilusión dedicar tempo á xente do seu concello.  Os participantes porán a proba a súa iniciativa e creatividade cos seus proxectos de patronaxe e confección. O obradoiro está aberto a todas as idades e niveis.

Ten como finalidade lograr dominar o trazado dos patróns, o corte das pezas e controlar o uso das ferramentas de costura máis importantes. Tamén adaptar modelos segundo as tallas e  aprender a realizar todo tipo de arranxos e modernización de pezas.

A práctica da costura ten tamén efectos moi beneficiosos para a persoa pois obriga a desenvolver capacidades cognitivas variadas para a súa realización.  Por exemplo, fomenta a orientación no tempo e no espazo e a súa vez traballa a resolución creativa de problemas que se presentan coas pezas, a atención e  a concentración na tarefa e tamén se convirte nun espazo para compartir e rachar coa soidade.

De seguro que pronto nos ensinarán as primeiras pezas creadas.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.