SANDIÁS ESTRENOU O FILME-CONCERTO MUSICAL “ZÁGUIA SUL DO SPACE ENSEMBLE PORTUGUÉS QUE COMBINA NARRATIVA VISUAL, MÚSICA AO VIVO E PARTICIPACIÓN COMUNITARIA

O Concello de Sandiás foi o venres 26 de setembro un dos protagonistas  en España do filme-concerto ‘Záguia Sul-Garda Ríos’. A presentación tivo lugar en dúas sesións na Casa da Cultura de Sandiás o venres 26 de setembro: ás 12h para 35 escolares e mestres e ás 20h para o público xeral no que participaron 52 veciños e veciñas do concello e da comarca da Limia cun total de preto de 90 persoas.

 

É unha honra que elixisen Sandiás como un dos concellos protagonistas en España  para este filme-concerto tan especial, porque hai que ter en conta que para a organización supuxo un traballo de gravación no propio territorio, selección de imaxes, ensaios, etc, polo que, desde o Concello, en nome do equipo do goberno, da corporación e dos veciños, queremos agradecer públicamente este agasallo único”, manifestaron o alcalde, Felipe Traveso  e o concelleiro cultura, Pepe Gándara que lle fixo entrega ao coordinador do grupo como agasallo do libro coral “Oceanoe. Travessia polo mar das Antelas”, “Sandiás, a Lagoa de Antela e a Xeración Nós” e “Guía didáctica da porta manuelina da Fachada da Igrexa de Santo Estevo de Sandiás” de inspiración portuguesa.

 

 Trátase dun proxecto artístico do Space Ensemble Portugués que combina narrativa visual, música ao vivo con varios músicos nunha experiencia multisensorial e participación comunitaria a través do diálogo para celebrar e protexer  e preservar o patrimonio cultural e natural cun homenaxe ás paisaxes fluviais e as comunidades que os habitan.  Tamén a promoción das relacións entre a República Portuguesa e Galicia. Hoxe, Space Ensemble apóiase en tres grandes piares: produción cultural e artística, comunidade e educación. Traballan con diversos músicos e profesionais creativos, os seus proxectos focalízanse na dinamización cultural de territorios rurais e desenvolve programas educativos non formais onde se abordan temáticas educativas como as matemáticas, o medio ambiente e a sustentabiblidad.

 

O espectáculo, financiado pola República Portuguesa, con axuda europea e unha simbólica aportación do concello, está adaptado á localidade de Sandiás, incluíndose vídeos e imaxes do rio Lima, Miño e do  municipio como o río Piñeira, as Areeiras de Sandiás cos seus cráteres e miradoiros de aves, o canal principal da Lagoa de Antela coa fauna e a súa flora asociada acompañada da narración en galego do  biólogo e naturalista Diego Rodríguez Vieites, bo coñecedor da Comarca da Limia, Sandiás, Lagoa de Antela e Areeiras de Sandiás.

 

Nesta creación única, Záguia Sul (un personaxe misterioso, metade humana, metade ave) guía ao público nunha viaxe poética polo patrimonio natural e cultural de Sandiás, revelando historias, memorias e segredos das augas que moldean a rexión. A través de imaxes filmadas localmente e dunha banda sonora executada en directo, o espectáculo convida a reflexionar sobre a importancia da preservación ambiental, nunha experiencia multisensorial que encatou a todas as idades.

 

O filme-concerto Záguia Sul conta con Dirección artística e Realización de Nuno Alves,Dirección de Fotografía e Montaxe de Filipe Barreiro, e Dirección musical de Maria Mónica,Samuel Martins Coelho, Sérgio Bastos, Miguel Ramos e João Martins, tamén responsables dainterpretación en directo. O proxecto, iniciado en 2024 co apoio da República Portuguesa – Cultura / Dirección Xeral das Artes, xa pasou por Paredes de Coura, Mondim de Basto, Torre de Moncorvo, Valença e Monção en Portugal, e tamén por concellos de Galicia como Nigrán onde foi acollido con entusiasmo polas comunidades e institucións locais.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?