Sandiás impulsa a creatividade co inicio do III Obradoiro de Costura no Concello

Pronto dará comezo o III Obradoiro de Costura no Concello de Sandiás!

  • A primeira reunión será o martes 5 de maio
  • De 18:00 a 19:00 horas
  • Local Social do Concello de Sandiás
  • Inscrición aberta ata o 30 de abril no teléfono do Concello: 988 46 50 01

Nesta primeira xuntanza, as persoas participantes decidirán o horario fixo e a organización dos grupos para o resto do ano.

O obradoiro estará impartido por Geni Losada, natural de Piñeira de Arcos, cunha ampla experiencia no ámbito do asociacionismo cultural. Aínda que pasa parte do ano fóra, dedica nove meses á súa terra con moita ilusión por compartir o seu tempo e coñecementos coa veciñanza.

Un espazo aberto a todas as idades e niveis, onde se traballará:

  •  Patronaxe e confección
  •  Corte de pezas
  •  Uso das principais ferramentas de costura
  •  Adaptación de modelos e arranxos
  •  Creatividade e deseño propio

Ademais, a costura contribúe ao desenvolvemento de habilidades cognitivas como a concentración, a atención e a resolución creativa de problemas.

 Como broche final, agárdase a celebración dunha nova exposición coas pezas elaboradas ao longo do curso, que promete igualar ou mesmo superar o éxito das edicións anteriores. Estes eventos convertéronse tamén nunha oportunidade para render homenaxe aos xastres, costureiras e ás figuras tradicionais dos “pataqueiros e pataqueiras” da zona, reforzando así o valor da memoria colectiva e do patrimonio cultural local.

Anímate a participar!

O Concello de Sandiás prepara o arranque do III Obradoiro de Costura, unha iniciativa que ano tras ano consolídase como un espazo de aprendizaxe, convivencia e creatividade para veciños e veciñas de todas as idades. A primeira reunión terá lugar o martes 5 de maio, de 18:00 a 19:00 horas, no Local Social do Concello, onde as persoas inscritas decidirán o horario definitivo e a organización dos grupos para o resto do ano.

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 30 de abril, podendo formalizarse a través do teléfono municipal (988 46 50 01). A boa acollida das edicións anteriores fai prever unha nova participación destacada nesta terceira convocatoria.

O obradoiro volverá estar dirixido por Geni Losada, natural da aldea de Piñeira de Arcos, quen achega unha ampla experiencia no ámbito do asociacionismo cultural. Aínda que reside parte do ano fóra da comarca da Limia, pasa nove meses na súa terra, onde amosa un firme compromiso coa dinamización social e cultural do seu concello.

Durante as sesións, as persoas participantes poderán desenvolver a súa iniciativa e creatividade a través de proxectos de patronaxe e confección. O obradoiro, aberto a todos os niveis, ten como obxectivo principal adquirir habilidades no trazado de patróns, o corte de pezas e o manexo das ferramentas básicas de costura. Ademais, abordarase a adaptación de prendas ás diferentes tallas e a realización de arranxos e modernización de roupa.

Máis alá do aspecto técnico, a práctica da costura destaca polos seus beneficios a nivel persoal, ao favorecer o desenvolvemento de capacidades cognitivas como a atención, a concentración, a orientación espacial e a resolución creativa de problemas.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.