O Concello de Sandiás presenta unha nova edición do campamento “Concilia 2024” para este verán. As actividades que se van a realizar son de tempo libre e promoción cultural para nenos, nenas e xuventude do concello. Todas estas actividades serán desenvolvidas dende o 1 de Xullo ata o 30 de Agosto, en horario de 9.00 h- 14.00 h. A sede será o Polideportivo Campo S. Nicolás e o Ceip de Sandiás. Dende as 8.30 poderán deixarse os nenos e as nenas e recollelos as 14.30 h.
Moita actividade prácticamente toda ao aire libre. Trátase dun programa didáctico de múltiples actividades de tempo libre e de promoción cultural destinado a poboación infantil e xuvenil durante os meses de verán que ten como finalidade favorecer a conciliación familiar, unha vida saudable e posibilitar a aprendizaxe dun lecer activo. A organización das actividades cada día da semana viran ao redor dunha riqueza moi ampla de temáticas: actividades de acollida, xogos de distensión, coreografías, xogos populares, escape room, excursión, contacontos, actividades relacionadas co consumo responsable, manualidades, globoflexia, malabares, karaoke, xogos cooperativos, música e baile e actividades de despedida.
Atelier Social pon a disposición persoal coa formación requerida na convocatoria e para o correcto desenvolvemento das actividades así como materiais didácticos e equipamento necesario. O campamento ponse en marcha cun equipo pertencente a entidade que xestiona proxectos sociais, Atelier Social.