O Concello de Sandiás presenta unha nova edición do campamento “Concilia 2025” para este verán. As actividades que se van a realizar son de tempo libre e promoción cultural para nenos, nenas e xuventude do concello. Todas estas actividades serán desenvolvidas dende o 23 de Xuño ata o 5 de Setembro, en horario de 9.00 h- 14.00 h. A sede será o Polideportivo Campo S. Nicolás e o Ceip de Sandiás. Dende as 8.00 poderán deixarse os nenos e as nenas e recollelos as 14.30 h. As solicitudes pódense facer no concello do 9 ao 13 de Xuño en horario de 9-14.00 h.
Prezo do campamento:
- Do 23 de Xuño ao 31 de Xulio: 25 Euros
- Do 1 de Agosto ao 5 de Setembro: 25 Euros
- Ambos períodos: 50 Euros
Moita actividade prácticamente toda ao aire libre. Trátase dun programa didáctico de múltiples actividades de tempo libre e de promoción cultural destinado a poboación infantil e xuvenil durante os meses de verán que ten como finalidade favorecer a conciliación familiar, unha vida saudable e posibilitar a aprendizaxe dun lecer activo. A organización das actividades cada día da semana viran ao redor dunha riqueza moi ampla de temáticas: actividades de acollida, xogos de distensión, coreografías, xogos populares, escape room, excursión, contacontos, actividades relacionadas co consumo responsable, manualidades, globoflexia, malabares, karaoke, xogos cooperativos, música tradicional e moderna, baile e actividades de despedida.
Atelier Social pon a disposición persoal coa formación requerida na convocatoria e para o correcto desenvolvemento das actividades así como materiais didácticos e equipamento necesario. O campamento ponse en marcha cun equipo pertencente a entidade que xestiona proxectos sociais, Atelier Social.