Con varios grupos formados en diferentes concellos da comarca da Limia, entre eles, o Concello de Sandiás, o CDR O Viso organiza e anima o Programa de Educación Infantil Familiar, iniciativa que leva realizándose dende 2015 en beneficio das familias, con fill@s principalmente cativ@s entre 0-6 anos, e con opción de acollida aos de maior idade en casos de necesidade. Trátase dun programa que continúa o espíritu doutro programa anterior, Preescolar na Casa.
Quincenalmente reúnense no concello coa persoa educadora e animadora das sesións, unha profesional do CDR O Viso. Trátase dun servizo socio-educativo que potencia a crianza positiva, compartindo momentos coas crianzas. Nestes encontros comparten xogos, reflexións, inquedancas, contos e cancións; tamén crean de situacións de aprendizaxe, comunican experiencias, realizan manualidades e moitas máis actividades.
En Sandiás, participa o PAI (Punto de Atención Infantil), coordinado por Cristiana, todos os mércores quincenalmente de 18 a 19 horas, na planta baixa da Casa do Concello.