O sábado 18 de abril ás 20.00 horas na Casa de Cultura de Sandiás despois do día da celebración das letras galegas, acollemos a presentación do libro “A árbore do Pan” do prolífico escritor, editor e músico verinés Edelmiro Mateo García e con ilustracións de Olimpia Seoane. Coma sempre, o acto convertirase nunha oportunidade de gozar da música en directo. O propio Edelmiro Mateo vai acompañado do seu acordeón en cada unha das presentacións dos seus libros, convertindo os actos en eventos que unen literatura e música.
A “Árbore do pan”, como adoitaban chamar ao castiñeiro é unha obra que nos mergulla na vida dos soutos de castiñeiros e nas castañas. Trátase dun eloxio ao castiñeiro onde se recolle a memoria comunitaria fixada na madeira a través dunha historia fabulada onde se resalta o valor ecolóxico-paisaxístico, gastronómico, económico, etnográfico e tamén como metáfora do ciclo da vida.
Os asistentes poderán adquirir un exemplar do libro na mesma Casa de Cultura de Sandiás e firmado polo autor.