O Concello de Sandiás participa no Plan de Lectura Provincial da Deputación de Ourense
O Concello de Sandiás participa un ano máis no Plan de Lectura Provincial, unha iniciativa promovida pola Deputación de Ourense coa colaboración dos concellos adheridos, entre eles o de Sandiás, para fomentar o gusto pola lectura entre os máis novos.
A campaña está dirixida a nenos e nenas menores de 18 anos residentes no municipio, que poderán solicitar un bono lector de ata 20 euros para adquirir libros nas librarías da provincia de Ourense adheridas ao plan.
📅 O prazo para participar abrangue dende o 15 de outubro ata o 20 de decembro de 2025.
As persoas interesadas só teñen que cubrir o formulario correspondente e retirar o seu libro de lectura preferido dentro das librarías participantes.
Con esta acción, a Deputación de Ourense e o Concello de Sandiás queren achegar a lectura a todos os fogares e impulsar a cultura como ferramenta de aprendizaxe e igualdade de oportunidades.
📚 Ler é viaxar sen saír da casa… ¡Participa e descobre novas historias!