Segunda charla do médico de Sandiás D. Álvaro de Castro. «Falando en Prata» sobre termos relacionados coas enfermidades do día a día: «Dominar as palabras e os seus matices outórganos poder, confianza e tranquilidade.

Grazas de novo  ás preto de 43 persoas que participaron o pasado xoves, 6 de Xuño, na 2ª sesión da charla por iniciativa do Dr. Álvaro de Castro, médico titular de Sandiás sobre termos relacionados coas enfermidades do día a día despois da primeira sesión adicada ao estado da sanidade, as xestións non ámbito da sanidade, dúbidas sobre analíticas e probas diagnósticas e importancia da medicina preventiva.

No marco do  Proxecto de Dinamización Socio-Comunitario do Concello de Sandiás levado a cabo pola concellería local de Xustiza e Participación Cidadá,  levouse a cabo entre o Concello e o Centro de Saúde de Sandiás, esta cuarta charla-obradoiro.

O doutor Álvaro Castro comezou falando das varices e hemorroides que empeoran coa chegada do verán e da “gota” producida polo ácido úrico e que adoita empeorar tamén coa calor ao cristalizar o ácido. Pola contra, a dor de ósos mellora no verán. Recomendou tomar a tensión arterial de forma periódica e repartiu cartillas de control da mesma.

Acompañado de varios recursos didácticos como un modelo de anatomía do corpo humano co que estudou a carreira e varias mostras radiográficas de varias enfermidades pasou revista de maneira moi didáctica e espontánea a unha infinidade de palabras moi antigas facendo uso habitual das preguntas e o diálogo socrático ao público asistente.

Afirmou que hai certas palabras de medicina que merece a pena saber facendo referencia ás etimoloxías médicas por exemplo as relacionadas co aparello respiratorio (traqueotomia, traqueorragia, toracocentesis), co aparello cardiovascular(cardiopatía),  aparello dixestivo (colitis), aparello respiratorio (broncorragia) etc. Moi curiosa é a “destrocardia” (corazón no lado dereito) e “bradicardia” (latexado lento do corazón).      

Tamén axudou a diferenciar palabras moi parecidas como a “colelitiasis (pedras na vesícula) e a “colecistitis” (inflamación da vesícula). A segunda enfermidade é moito máis grave que a primeira. En ocasións, como di o doutor, dominar as palabras e os seus matices outórganos poder, confianza e tranquilidade.

Por último indicou que no próximo mes de outubro continuarán as charlas no marco do Programa de Dinamización Socio-Comunitaria do Concello de Sandiás.

En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?