Segunda fase de acondicionamiento e mellora de camiños municipais na aldea de Corga e Vilariño das Poldras no Concello de Sandiás

O acondicionamento e mellora de camiños municipais desenvolveuse en dúas fases cun presuposto de 60.000 euros. A obra está subvencionada pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) cun importe de 49.666 Euros e o IVE por parte do Concello de Sandiás cunha aportación de 10.429,86 euros.  A empresa encarga de realizar as obras: EMPRESA TRANSPORTES Y EXCAVACIONES P. PROL.

A primeira fase das obras correspondeu a aldea de Piñeira de Arcos e Zadagós e a segunda fase das obras desenvólvese en A Corga e Vilariño das Poldras.  En relación coa intervención na Corga as obras leváronse a cabo no tramo da aldea con bacheo, limpeza firme limpeza cunetas, dobre rega asfáltica, pavimento de formigón e recalce de tapas de rexistro. Tamén se executaron intervencións no tramo da pista con bacheo, limpeza de firme, desbroce vexetación, cunetas e dobre regra asfáltica. No caso da vía que discorre polo núcleo rural de Vilariño das Poldras,  as actuacións consisten en limpeza mecánica do firme, dobre regra asfáltica e recalce de tapas de rexistro.

Mediante as obras proxectadas, o Concello de Sandiás pretende manter a liña que lle caracterizou nos últimos anos no seu empeño de dotar aos núcleos do municipio do equipamento mínimo de infraestruturas, logrando o aumento da calidade de vida dos seus habitantes e a mellora posible das condicións medio-ambientais dos devanditos núcleos rurais.

En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?