Segunda quincena do mes de agosto no campamento Concilia 2024 en Sandiás: Conciliación familiar, vida saudable e aprendizaxe dun lecer activo(3ª entrega)

En concreto, na segunda quincena de Agosto, algunhas das actividades que se mostran no álbum de fotografías son: pedra papel tesoira humano, tres en raia humano, bailes populares, lecer, xogos de auga, o saco máxico, manualidades, actividades de dramatización, mímica, cinema e bingo, entre outras.

Trátase dun programa didáctico de múltiples actividades de tempo libre e de promoción cultural destinado a poboación infantil e xuvenil durante dous meses de verán que ten como finalidade favorecer a conciliación familiar, unha vida saudable e posibilitar a aprendizaxe dun lecer activo. A organización das actividades cada día da semana viran ao redor dunha riqueza moi ampla de temáticas: actividades de acollida, xogos de distensión, coreografías, xogos populares, escape room, excursión, contacontos, actividades relacionadas co consumo responsable, manualidades, globoflexia, malabares, karaoke, xogos cooperativos, música e baile e actividades de despedida.

Atelier Social pon a disposición persoal coa formación requerida na convocatoria e para o correcto desenvolvemento das actividades así como materiais didácticos e equipamento necesario. 

O Concello de Sandiás iniciou a comezos de Xullo unha nova edición do campamento “Concilia 2024” para este verán. Todas estas as actividades serán  desenvolvidas dende o 1 de Xullo ata o 30 de Agosto, en horario de 9.00 h- 14.00 h. A sede é o Polideportivo Campo S. Nicolás e o Ceip de Sandiás.  Dende as 8.30 estanse a deixar os nenos e as nenas e pódense recoller polos seus familiares ás 14.30 h. En quendas están rexistrados 37 nenos e nenas.

En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?