Serxio Pazos: unha mirada humorística da pandemia e a procura da complicidade e participación do público

Un luxo encher cun público entregado a pesar das circunstancias do frío provocado polo vento e a noite xa avanzada. Moitas grazas ao público asistente (case 80 persoas) e participativo nun espectáculo.

Comenzou Serxio tosendo por comer unha améndoa coma lle ocorreu a Fernando Simón. Proseguiu narrando historias do confinamento e aproveitou para ensinar/aprender historia con humor (a xénese do virus, a evolución dá máscara dende o comezo dos tempos).

Recordou que o virus non se move só, necesita «idiotas», nunca os baños estiveron máis limpos en España, foron estes bos tempos para ligar moito porque non nos vemos a cara, tan só os ollos, houbo máis coroas con virus grazas ao coronavirus e descubrímonos bebedores asintomáticos, entre outras evidencias…

A pandemia trouxonos tamén palabras novas. “achegado” («eu tan só recordo do meu pobo de Santa Ana, dicir: ha llegado el tapicero»); “distancia social” («e logo, os ricos andan agora xuntos cos pobres?, os do celta, seica están máis preto dos do deportivo?…»). Tamén os politicos manteñen a «distancia social» durante catro anos e despois fanse fotos con todo o mundo.

Finalizou o monólogo cunha ristra de chistes con protagonistas como a parella no antes e despois do matrimonio, os políticos como Ayuso, Rajoy, Feijóo, Pedro Sánchez, Rita Barberá, Pablo Iglesias, Manuel Fraga… ; chistes de galegos e andaluces sempre executados con maxistral ironía e retranca.

Con este espectáculo de humor de Serxio Pazos, pechamos o programa de actuacións de «Cultura non Verán». No outono teremos máis iniciativas.

En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?