Simulacro de evacuación por incendio no Punto de Atención Infantil de Sandiás

O martes 29 de outubro celebrouse un simulacro de evacuación por incendio no Punto de Atención Infantil de Sandiás, co obxectivo de comprobar o correcto funcionamento dos protocolos de emerxencia e evacuación do centro.

Na actividade participou Protección Civil de Sandiás, que colaborou no desenvolvemento do simulacro e nas tarefas de apoio durante a evacuación.

O exercicio permitiu ao persoal e aos nenos e nenas do centro familiarizarse cos procedementos que se deben seguir ante unha posible situación de emerxencia, fomentando así a prevención e a seguridade.

Este tipo de simulacros son importantes para avaliar a capacidade de resposta ante unha eventualidade e para garantir que tanto o persoal como os usuarios do centro coñezan as pautas básicas de actuación en caso de incendio.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.