Teatro, maxia e sostibilidade en Sandiás: A rapazada aprende a coidar do planeta con “Xogando a reciclar”

A Casa da Cultura de Sandiás acolleu o pasado 15 de Xullo, a partir das 11:00 horas, o espectáculo pedagóxico “Xogando a reciclar”, unha iniciativa de educación ambiental que congregou a numerosa rapazada do municipio.

A actividade, impulsada con entrada gratuíta, tivo como obxectivo principal concienciar sobre a importancia da reciclaxe e a sustentabilidade a través do teatro. A sesión estivo conducida pola recoñecida dinamizadora Fanny Medioambiente, quen utilizou a maxia do clown e o código teatral interactivo para captar a atención do público infantil. 

Durante o desenvolvemento do evento, os nenos e nenas participantes convertéronse nos protagonistas directos da xornada, interactuando no escenario para aprender a separar correctamente os residuos domésticos. A través do xogo e do riso, transmitíronse pautas sinxelas para que as familias poidan aplicar a recollida selectiva no seu día a día, transformando o coidado da contorna nun hábito sinxelo e accesible. 

Co éxito de convocatoria, Sandiás reafirma o seu compromiso institucional coa sensibilización ecolóxica e a educación ambiental  en valores sostibles.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.