Conclúen as 10 semanas do Campamento Concilia 2024 en Sandiás nas que os nenos e nenas gozaron, aprenderon, riron, xogaron, e fixeron grandes amizades. Grazas a todas as persoas que o fixeron posible, e a todos/as os nenos/as e as súas familias por confiar no labor socioeducativa do estupendo equipo de animación de Atelier Social formado por Esther, Aroa e María. Tamén o concello agradece a colaboración, apoio e confianza depositada polas familias.
Deixámosvos algúns dos momentos da festa final do campamento. Outro ano máis gozando de xogos, inchables e comida para pequenos e non tan pequenos.
Ata a próxima
Tratouse dun programa didáctico de múltiples actividades de tempo libre e de promoción cultural destinado a poboación infantil e xuvenil durante dous meses de verán que ten como finalidade favorecer a conciliación familiar, unha vida saudable e posibilitar a aprendizaxe dun lecer activo. A organización das actividades cada día da semana viran ao redor dunha riqueza moi ampla de temáticas: actividades de acollida, xogos de distensión, coreografías, xogos populares, escape room, excursión, contacontos, actividades relacionadas co consumo responsable, manualidades, globoflexia, malabares, karaoke, xogos cooperativos, música e baile e actividades de despedida.
O Concello de Sandiás iniciou a comezos de Xullo unha nova edición do campamento “Concilia 2024” para este verán. Todas estas as actividades serán desenvolvidas dende o 1 de Xullo ata o 30 de Agosto, en horario de 9.00 h- 14.00 h. A sede é o Polideportivo Campo S. Nicolás e o Ceip de Sandiás. Dende as 8.30 estanse a deixar os nenos e as nenas e pódense recoller polos seus familiares ás 14.30 h. En quendas están rexistrados 37 nenos e nenas.