Terminan as obras de pavimentación do camiño das aforadas compartido entre Xinzo de Limia e Sandiás

Terminan as obras de reforzo do firme do “Camiño das Aforadas”, un tramo próximo aos 1.000 metros situado entre as estradas OU-531 e N-120. Trátase dunha pista que soporta un importante tránsito de camións e maquinaria agrícola e, que comunica a estrada autonómica en dirección a Celanova -OU-531- coa Nacional 525. A ambos dous lados da devandita pista hai varias industrias dedicadas ás patacas, construcións metálicas, froitas, etc. O firme presenta un estado moi deficiente, o que dificulta o tránsito de vehículos de gran tonelaxe.

Para correxir a deterioración deste vial, os concellos de Sandiás e Xinzo de Limia, asinaron un acordo solicitando unha subvención a Consellería de Presidencia. A Xunta cobre a subvención ata os 50.000 euros e a cantidade restante, 25.000 euros, ao 50% entre o Concello de Xinzo e o Concello de Sandiás. O importe total do investimento é de 75.294,11 euros.

En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?