Con motivo do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, desde o PAI do Concello de Sandiás convidámosvos a participar nunha actividade moi especial! 💜
🖌️🎨 Coa colaboración do artista plástico Xosé Eladio, gozaremos dunha xornada de pintura, creatividade e diversión para as familias do PAI.
🌈 Porque todas as cores, os xogos e as oportunidades son para todos e todas. Queremos fomentar desde a infancia a igualdade, o respecto e a liberdade de ser. 💜
📅 Mércores, 25 de novembro de 2026
🕥 10:30 h
📍 PAI Concello de Sandiás
👨👩👧👦 Invitamos as familias do PAI a compartir cos vosos pequenos e pequenas un anaco de pintura, creatividade e diversión. 🖌️💛
💜 Porque a igualdade tamén se constrúe desde pequenos e pequenas.
🎨🌈 Pintemos xuntos e xuntas un mundo de igualdade! 🌈🎨