Toses rebeldes e crises respiratorias. os inhaladores e o manexo para as súas boas razóns. charla impartida pola mir en sandiás, Dra María Rodríguez Ibáñez

Ás 16.30 h do Venres, 15 de Decembro en colaboración co Concello de Sandiás, a Dra. María Rodríguez Ibáñez, MIR (Médica Interna Residente) que traballa temporalmente non Centro Médico de Sandiás, impartiu unha interesante e práctica charla sobre “Inhaladores: manexo para as súas boas razóns” non Salón de Actos do Concello. Foi presentada polo médico titular de Sandiás Dr. Álvaro de Castro Palomanes.

 
A charla foi moi práctica e estivo adicada aos tipos de inhaladores e como se utiliza cada un deles de forma efectiva, a limpeza dos diferentes tipos e erros no uso dos mesmos. Como curiosidade o doutor Álvaro de Castro mostrounos unha máscara anti gas que se utilizou na Segunda Guerra Mundial para poder respirar. Grazas ás 12 persoas que asistiron ao taller que no futuro seguirá ofrecendo pequenos obradoiros sobre temas de saúde importantes para a veciñanza e que forman parte da chamada medicina comunitaria.


A doutora María Rodríguez Ibáñez é licenciada en medicina pola Universidade de Valencia e por iniciativa do SERGAS e o seu equipo formativo, o concello de Sandiás conta por primeira vez na historia do seu Centro de Saúde cunha médica residente no rural con carácter rotativo temporal de tres meses. Para poder dispoñer deste servizo complementario, o médico titular Dr. Álvaro de Castro Palomanes realizou dita demanda sendo tamén titor acreditado, condición para poder dispoñer de MIR nun centro de saúde rural.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?