De conformidade co previsto no artigo 133.1 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, co obxectivo de mellorar a participación dos cidadáns no procedemento de elaboración de normas, con carácter previo á elaboración do proxecto de Ordenanza Municipal Xeral de Subvencións, solicítase a opinión dos suxeitos e das organizacións máis representativas potencialmente afectados pola futura norma acerca de:
a) Os problemas que se pretenden solucionar coa iniciativa.
b) A necesidade e oportunidade da súa aprobación.
c) Os obxectivos da norma.
d) As posibles solucións alternativas regulatorias e non regulatorias.
Os cidadáns, organizacións e asociacións que así o consideren poden facer chegar as súas opinións sobre os aspectos expostos no seguinte cuestionario durante o prazo de vinte días a contar desde o día seguinte ao de publicación do presente anuncio na web municipal, mediante a súa presentación en calquera dos lugares indicados no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. É dicir, dende hoxe, 13 de abril, até 20 días depois desta publicación, os veciños e veciñas que así o desexen poden facer as súas aportacións na Casa do Concello en horario de oficina ou a través do formulario web. Deixamos estes enunciados a título de exemplo.
- Problemas que se pretenden solucionar coa iniciativa: A carencia dunha regulación local marco que permita a convocatoria de subvencións.
- Necesidade e oportunidade da súa aprobación: A previsión de convocar a concesión de subvencións.
- Obxectivos da norma: Regular o réxime de subvencións do concello de Sandiás.
- Posibles solucións alternativas regulatorias e non regulatorias: A non concesión de subvencións. A aprobación de ordenanzas específicas de subvencións. Regúlase porque actualmente o Concello de Sandiás carece de Ordenanza Xeral de Subvencións.