Trinta e tres alumnos e alumnas do IES do Barral de Ponteareas visitaron o Centro de Interpretación da Lagoa de Antela e o Humidal das Areeiras de Sandiás

Trinta e tres alumnos e alumnas e tres educadores visitaron o xoves 3 de Outubro o Centro de Interpretación da Lagoa de Antela e o patrimonio xeolóxico, etnográfico e ornitolóxico do humidal artificial das Areeiras de Sandiás. Viñan a unha xeira especial coa intención de saborear a da provincia de Ourense e concretamente a Limia, terra rica en historia, arqueoloxía, etnografía e lugares de intereses varios. Concretamente participaron pola mañá nunha xornada intensa no IES Lagoa de Antela compartindo experiencias con outros compañeiros sobre as charcas ou pequenos humedais.

 

Acompañados polos seus educadores aproveitaron para completar a experiencia coa visita o Centro de Interpretación e o Humidal artificial das Areeiras . A visita guiada na Casa da Lagoa e nas Areeiras de Sandiás tivo unha duración de dúas horas e media. A visita guiada levouna a cabo Alex de los Ríos, guía especializado en historia con ampla experiencia didáctica e Pepe Gándara, coordinador da “Casa da Lagoa”.

 

Visita a Exposición Permanente do Centro de Interpretación da Lagoa de Antela

A visita comezou visionando un audiovisual sobre diversos aspectos do humidal natural da Lagoa o humidal artificial das Areeiras e o patrimonio etnográfico do Concello de Sandiás. Introducíronse  na  Lagoa de Antela por medio de  reproduccións de cartografía e  imaxes históricas e  informáronse dos  proxectos de  desaugamento da  Lagoa.  Visionaros tres  proxeccións sobre a  xeografía dos  pobos dos  Límicos e o valor  ecolóxico da  Lagoa de Antela. 

Fíxose referencia a Lagoa en xeral e as súas dimensións, análise de varias fotografías históricas, o uso das barcas e os proxectos de desecación. Tamén a Xeografía mítica ( os espazos e habitantes imaxinarios da Lagoa de Antela. Fíxose rápida referencia a diversas lendas e contos como o referido a Cidade de Antioquía). Despois de breves referencias ao folclkore, a etnografía e as economías perdidas da lagoa (comercio de ras, samesugas, ovos, peixes), por último tratáronse aspectos de Xeografía Cultural aplicados a Lagoa de Antela, facendo unha reflexión xeral sobre toponimia. Na planta alta por falta de tempo visitaron por libre a fauna e flora típica da Lagoa de Antela.

Visita “in situ” dunha areeira. Patrimonio xeolóxico-minerio e sistemas de explotación

Visitaron unha das areeiras en explotación e baixo a guía de Salvador Blanco e Pepe Gándara , recibiron información do sistema e proceso de explotación da areeira. Houbo referencias a xeomorfoloxía e o corte estratigráfico da zona das areeiras, o sistema de explotación industrial e tamén sobre a fase de abandono e restauración ambiental. Na mesma areeira poidemos observar nun dos noiros verticais unha colonia de Andauriña das Barreiras (Riparia riparia).

Pola intensidade da xornada vivida e tamén pola premura do tempo e as condicións dos camiños secundarios non foi posible visitar o observatorio ornitolóxico 2 (Casa dos Terróns), exempo de arquitectura tradicional sustentabel en terra e o observatorio 1 (Palafito).  Cecais nun futuro próximo estas pezas dispersas ou como alguén lle chamou “o minifundismo da auga”, poidan volver configurar un novo humidal artificial herdeiro do xa mítico sistema lagunar natural denominado lago Beón.

 

Moi satisfeitos quedamos na Casa da Lagoa  e moitas grazas pola vosa visita e interese mostrado esperando que fose de proveito. Esperamos que veñades noutras ocasións, pois o que nos ten que contar a Lagoa de Antela da para moito máis.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?