Un 30 de outubro de 1920 publícase o primeiro número da revista Nós

Na Revista Nós podemos encontrar cunha sección fixa titulada “Arquivo filolóxico e etnográfico de Galiza” na que se pretendeu acoller investigacións de campo de variada natureza etnográfica, filolóxica e folclórica así como toda clase de estudos que contribuían a mellorar o coñecemento do pobo galego.

Esta sección foi feita por Vicente Risco e no primeiro número de Nós xa se daba unha orientación das temáticas que abordarían. Entre varios asuntos, ocupa bastante espazo a literatura popular (refráns, contos, alcumes…), festas e medicina popular, ente outras. Ademáis, a sección contemplaba artigos largos adicados ao folclore de diversas zonas que se titulaban de maneira xenérica “Folk-lore de…”, onde aparece o noso “Resume Xeneral do Folk-Lore de Sandiás” do noso veciño Urbano Santana.

Neste contexto, recordamos que nun 30 de Outubro de 1920, publicase o primeiro número da Revista Nós. No número 89 de Maio do 1931 comeza a publicar o que foi o noso veciño de Sandiás, Urbano Santana, baixo a guía de Vicente Risco, o seu “Resume Xeral Folklore de Sandiás.

En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?