“Un día máxico”. Déixate ilusionar no nadal de Sandiás cun taller de trucos de maxia para os cativos e un espectáculo de maxia familiar co Mago Albert

O Taller de Maxia do Mago Albert será o Venres 29 de Decembro ás 17.00 h no Local Social do Concello de Sandiás para nenos e nenas entre 4- 12 anos. Aprenderán trucos e efectos máxicos sorprendentes e impactantes.

 

O Espectáculo de Maxia para toda a familia comeza o mesmo Venres, 29 de Decembro ás 20.00 h no Salón de Actos do Concello de Sandiás. Cunha traxectoria de máis de 25 anos de experiencia nos tablaos, o Mago Albert é un mago versátil e experimentado, que sabe mesturar de forma perfecta o asombro e o humor, ofrecendo shows onde non da ao público un momento de respiro. Un espectáculo de maxia familiar onde se xungue a maxia e o humor con gran variedade de efectos máxicos e coa complicidade do público.

 

Presentamos o show do ilusionista para este Nadal no concello de Sandiás: un espectáculo cheo de luz e cor, maxia e ilusión, risas e emoción. Unha función marabillosa para que toda a familiar poda gozar da maxia deste nadal.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?