Un recanto da calma para os cativos do pai e do CEIP de sandiás

O obradoiro organizado polo Proxecto de Animación Lectora da Furgoteca Ourense-Sur  levouse a cabo no PAI e no Ceip de Sandiás o 24 de Outubro, Día das Bibliotecas. Esta actividade contou con dúas partes: por unha banda, a lectura do libro “O monstro de cores” e, por outra, a creación cos nenos e nenas dun “espazo da calma”.

Para elo, xogaron con diferentes materiais: botellas relaxantes, un par de plumas de cores e suaves, palliñas e boliñas pequenas de porexpan. Tamén pintaron  tarros cos cores das emocións  como aparecen no conto. Estes tarros terán logo unha función no día a día da escola: para que coloquen a súa foto na emoción coa que chegan a aula e coa que se van para a casa.

Se nalgún momento teñen que acudir ao “espazo da calma”, os cativos poden cambiar a emoción que teñan nese momento. Este espazo busca proporcionar ferramentas para que vaian as nenas e nenos recoñecendo as diferentes emocións.

E por último, Reme Cid, animadora da actividade deixou unha proposta escrita para as familias, relacionado coas emocions e que convén botarlle unha ollada.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.