Unha noite con músicas atlánticas na Torre do Castro con Iria Estévez: Fíos de fado

Este ano temos  o gran privilexio de ter en concerto ao carón da Torre Medieval do Castro (Concello de Sandiás)  o espectáculo musical de Iria Estévez e Gonzo Piña no concerto de músicas atlánticas, onde achega ao fado a natureza do canto galego.

O dúo formado por Iria Estévez e Gonzo Piña  actualmente presentan en directo un concerto no que experimentan cos distintos estilos de fado, poñéndoo en diálogo con outras músicas, como a cantiga galega e a música brasileira, entre outras, ofrecendo unha visión ampla do que o fado supón, a partir daqueles aspectos que comparte con outros estilos musicais.

Iria Estévez, cantante galega de fado e músicas de raíz, conta cun amplo percorrido no ámbito musical, tanto como intérprete como creadora de múltiples proxectos, destacando Clave de Fado ou Arifi. Formouse en diferentes escolas e ámbitos, destacando o Máster de Artes Escénicas da UVIGO, o programa profesional da ETRAD ou a Escola de Música Moderna da UCA, na especialidade de canto e piano. Iria Estévez levou a súa voz a escenarios de todo o territorio peninsular, como o TEATRO CIRCO de Braga, festival FADO CONVERGÊNTE DE PORTUGAL, Teatro Niemeyer, Barakaldo Antxokia, (INTERFADO) Festival Internacional de Fado de Cataluña, o TEATRO COLÓN ou o FESTIVAL DA LUZ, entre outros.  Gonzo Piña é baixista e guitarrista en formacións de fusión, rock e músicas do mundo. Sonidista titulado pola SAE, con experiencia en produción (Estudo, TV) e directo.

O fado supón a vivencia intensa das emocións, xa sexan as paixóns, as saudades, as penas ou as alegrías e Iria Estévez achega ao fado a natureza do canto galego.  Ide aquecendo a voz e o corazón  para o que vai vir en breve…

Entrada gratuita.

Cando terá lugar? O Sábado, 10 de Agosto ás 21:00 horas.

Onde terá lugar? Ao carón da Torre do Castro no Concello de Sandiás.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?