Na Estrada Nacional 525, o Concello vén de instalar unha nova marquesiña no Alto do Novaiño, nunha das paradas do autobús en dirección a Xinzo de Limia.
A instalación sitúase dentro do Plan Xacobeo e provén da Consellería de Vicepresidencia Primeira da Xunta de Galicia. Trátase dunha marquesiña cun deseño integrado na paisaxe e adaptada ao mundo rural, e con maior funcionalidade. Cumpren as normativas vixentes de prevención de incendios e seguridade viaria.
O investimento na instalación deste refuxio foi de 6418,45€. A Vicepresidencia Primeira da Xunta subvenciona o 75% e o resto son aportacións propias do Concello. A empresa adxudicataria foi Construccións Hnos. Lavandeira.