Unha viaxe polos dereitos das mulleres. Levar formación de calidade ao rural, o reto do Programa Rosalía en Sandiás

A Casa da Cultura de Sandiás acolleu o pasado 30 de setembro, ás 19:30 horas, unha nova actividade do Programa Rosalía, unha iniciativa destinada a achegar formación, información e recursos ás mulleres do rural.

Baixo o título “Mulleres coñecendo os seus dereitos e recursos”, a sesión ofreceu un espazo de encontro e participación no que as asistentes puideron coñecer mellor os seus dereitos, resolver dúbidas e compartir experiencias, incidindo na importancia da información como ferramenta para gañar autonomía, seguridade e capacidade para tomar decisións.

A charla animada por Laura Seara Sobrado, diputada no Parlamento, abogada e consultora, realizou tamén un percorrido pola evolución dos dereitos das mulleres e polas diferentes etapas e conquistas alcanzadas no mundo, con especial atención ao caso de España e Galicia.

Durante o encontro, as participantes rememoraron as súas experiencias e recordos relacionados con momentos fundamentais como a legalización do divorcio e a despenalización do aborto, así como con avances lexislativos máis recentes, entre eles a Lei Orgánica 3/2007 para a igualdade efectiva de mulleres e homes, marco legal de referencia no Estado español para desenvolver o principio de igualdade.

O Programa Rosalía aborda así diferentes cuestións de interese para as mulleres, desde os dereitos e a igualdade ata a saúde mental, a sexualidade ou as reivindicacións sociais, apostando por achegar formación de calidade ao rural e facilitar o acceso a información e recursos.

A iniciativa contempla tamén, como peche do programa, unha visita á empresa Aceites Abril, especialmente dirixida ás mulleres que se atopan en proceso de busca de emprego, co obxectivo de achegalas ao tecido empresarial e ás oportunidades do ámbito laboral.

Na presentación e desenvolvemento do programa tamén se puxo en valor a importancia de levar formación e actividades de calidade ao rural, xerando espazos nos que as mulleres poidan informarse, formarse e compartir experiencias sen ter que desprazarse fóra do seu contorno.

Coñecer os dereitos, saber onde acudir e identificar os recursos dispoñibles constitúe unha ferramenta fundamental para avanzar cara a unha sociedade máis igualitaria e para reforzar a autonomía das mulleres, tamén no ámbito rural.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.