V Exposición Obradoiro de Pintura de Sandiás

VECIÑOS E VECIÑAS DE SANDIÁS AMOSAN A
SÚA ARTE NA V EXPOSICIÓN DE PINTURA

 

Froito dos traballos do Obradoiro de Pintura , dentro do Programa «Mantente Activo» que se desenvolveu ao longo do ano 2025, tivo lugar a inauguración o pasado venres 8 de agosto a  V Exposición de Pintura, na Casa de Cultura do Concello de Sandiás.

 

A inauguración estivo acompañada de 50 veciños e veciñas das aldeas e arredores. Inaugurou a exposición o alcalde

Felipe Traveso, presentou as obras o coordinador do obradoiro e o artista plástico Xosé Eladio.

 

Tratouse dunha mostra composta de 40 obras plásticas realizadas coas técnicas de óleo, acrílico e acuarela e con
temáticas referidas a paisaxes, retrato, pose, florales, natureza
, etc. En definitiva, unha magnífica mostra que pon de manifesto unha vez máis o potencial artístico-creativo dos veciños e veciñas para educar e gozar coa mirada.


Pódese seguir visitando na Sala de Exposicións da Casa de Cultura do Concello de
Sandiás ata o 31 de agosto de martes a domingo entre as 16:00 e as 20:00 h.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?