V Trouleando polas aldeas do concello de Sandiás

A faísca do entroido non se pode apagar. O Entroido é unha tradición que nos transmitiron os nosos antepasados que une a maiores e a cativos, e por iso debemos mantela viva.

Dende o Concello vos propoñemos celebrar o Entroido (e xa imos polo quinto ano) percorrendo moitas das aldeas do concello.  O único que tendes que facer é vestirvos co voso mellor disfrace estar o luns 12 de Febreiro as 11.00 h da mañá na Casa do Concello.

Unha bebida, unha cantiga, música, alegría,  parodias, faladoiros, compartir o xantar xuntos, encontrarse cos veciños e veciñas das diferentes aldeas que nos reciben sempre con gran hospitalidade e que che fan sentir un máis…

Animádevos¡¡, para xuntarnos un bo grupo e troulear polas aldeas.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.