Varias reformas e outras iniciativas menores no Concello de Sandiás

Trasladámosvos algunhas informacións que se foron acumulando co paso do tempo en relación con melloras e iniciativas varias, pero non por iso menos importantes, nas que estiveron traballando institucións públicas como a Deputación de Ourense a petición do Concello e outras na que estivo implicado o propio Concello ao longo destes últimos meses. Algunhas das máis significativas:

  1. Arranxo do tanque de auga e o tellado na aldea de Arcos.
  2. Arranxo da beirarrúa e valo á beira do río Piñeira na Nacional 525. Reforma levada a cabo polo Obradoiro de Emprego conxunto entre Xinzo e Sandiás.
  3. Limpeza e organización dos xardíns ao carón da Casa do Concello e roza  manual de diferentes zonas nas aldeas.
  4. Limpeza das cunetas na estrada Vilariño das Poldras-Sandiás e outros lugares en base a petición do  Concello a Deputación de Ourense.
  5. Obra menor na rede de sumidoiros en Santa Ana.
  6. Limpeza e profundización dos pozos da ETAP no Tesiño (Cardeita)
  7. Aprobación do Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostible co obxectivo de frear o cambio climático.
  8. Rehabilitación do miradoiro 1 de aves situado nas Areeiras de Sandiás polos operarios do Concello e con asesoría técnica medio-ambiental que reproduce un hipotético palafito do hábitat lacustre.
  9. Reparación de mobiliario en diferentes aldeas.
  10. Ampliación de potencia de CT e RBT mediante a instalación dunha máquina con potencia de 50 KVA e novo tramo de RBTS na aldea da Fontela por valor de 11.000 Euros.
  11. Curso de desbroces en masas forestales con tractor rozadoira no que participaron operarios do Concello de Sandiás.
  12. Terminación da Vivenda Social de Santa Ana e acondicionamento interior da mesma.
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?