VECIÑOS E VECIÑAS DE SANDIÁS AMOSAN A SÚA ARTE NA IV EXPOSICIÓN DE PINTURA, MANUALIDADES E RESTAURACIÓN

Froito dos traballos do Obradoiro de Pintura, Restauración e Manualidades, dentro do Programa «Mantente Activo» que se desenvolveu ao longo do ano 2024, tivo lugar a inauguración o pasado venres 9 de agosto a Iv Exposición de Pintura, Manualidades e Restauración na Casa de Cultura do Concello de Sandiás.

A inauguración estivo acompañada de 46 veciños e veciñas das aldeas e arredores. Inaugurou a exposición o alcalde Felipe Traveso, presentou as obras o coordinador do obradoiro, o artista plástico XoséEladio e narrou a experiencia do obradoiro ao longo do ano a alumna María Jesús (Chus).

Tratouse dunha mostra composta de 50 obras plásticas realizadas coas técnicas de óleo, acrílico e acuarela e con temáticas referidas a paisaxes, retrato, pose, bodegóns, etc.

En definitiva, unha magnífica mostra que pon de manifesto unha vez máis o potencial artístico-creativo dos veciños e veciñas para educar e gozar coa mirada e que se pode seguir visitando na Sala de Exposicións da Casa de Cultura do Concello de Sandiás ata o 31 de agosto de martes a domingo entre as 16:00 e as 20:00 h.

En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?