A terceira das actividades que se desenvolverá no marco da exposición “Cadernos da Limia: Paisaxe, Identidade e Memoria” do fotógrafo Blas González, terá como protagonistas ao arquivo fotográfico da comarca da Limia e a Edelmiro Martínez Cerredelo. O historiador limiao, recoñecido autor de varios libros e numerosas publicacións centradas na memoria de Xinzo, dedicou anos a compilar miles de fotografías procedentes de diversos álbums familiares. O seu labor tamén inclúe a difusión destas imaxes, complementadas con detallados comentarios que lanzan luz sobre os personaxes e as circunstancias capturadas en cada instantánea.
O vindeiro sábado 16 de decembro ás 19:00, no salón de actos da Casa da Cultura do Concello de Sandiás, Edelmiro Martínez Cerredelo presentará unha selección comentada do seu arquivo baixo o título “Vellas fotografías, vellas historias: Imaxes para a lembranza”. Esta actividade, ademais de recoñecer o esforzo e compromiso persoal de Edelmiro, quere poñer en valor a importancia da memoria visual e a necesidade de “axitar o arquivo fotográfico” para resignificarlo e manter vivo o relato no que se fundamenta a identidade dun pobo.
A entrada é libre, ata completar aforo, e o acto estará precedido por unha visita á exposición fotográfica, guida polo autor da mesma.