“Verán de lecer consumo” no concello de sandiás

Trátase dun programa estacional da Xunta de Galicia, que desenvolve o Instituto Galego do Consumo e da Competencia durante o verán 2026. A campaña ten como obxectivo ocupar o tempo libre do verán dos rapazas e rapaces dun xeito lúdico e ao mesmo tempo instrutivo. Así, a través do concepto de lecer responsable, trabállanse diversas temáticas relacionadas co consumo responsable.

 

No concello de Sandiás desenvólvense as dúas actividades no Local Social de Sandiás. A primeira o 28 de Xullo e a segunda o 27 de Agosto. Ambas actividades son gratuitas e están abertas a todos os nenos e nenas do Concello participen ou non no campamento de verán.

 

1ª sesión: 28 Xullo, martes.11.00 h- 12.00 h. A xincana do consumo responsable.

Lugar:  Local Social Casa Cultura Sandiás

Descrición: Realización dunha xincana onde os grupos teñen que superar diferentes probas nas que se traballan cuestións relacionadas co consumo responsable. Finaliza co deseño e realización dun cartel sobre o consumo responsable e sostible (hábitos de compra, obsolescencia programada, as 3R, reducir o consumo de auga e enerxia.

 

2ª sesión: 27 Agosto, xoves.11.00 h- 12.00 h. xogueteando: un lecer diferente.

Lugar: Loc

al Social Casa Cultura Sandiás

Descrición: Narración dun conto animado para promover un consumo responsable e un lecer activo, traballando ademáis os xoguetes seguros e sen riscos.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.