Verán de lecer consumo no concello de Sandiás

Trátase dun programa estacional da Xunta de Galicia, que desenvolve o Instituto Galego do Consumo e da Competencia durante o verán 2024. A campaña ten como obxectivo ocupar o tempo libre do verán dos rapazas e rapaces dun xeito lúdico e ao mesmo tempo instrutivo. Así, a través do concepto de lecer responsable, trabállanse diversas temáticas relacionadas co consumo responsable.

O Programa “Veráns de Lecer Consumo”está composto por diversas actividades relacionadas cos dereitos das persoas consumidoras e usuarias, o consumo intelixente, a publicidade ou o uso das novas tecnoloxías. A través do concepto de lecer responsable trabállanse diversas temáticas relacionadas co consumo responsable: a publicidade, os dereitos das persoas consumidoras e usuarias, a etiquetaxe ou o uso das novas tecnoloxías. As actividades están deseñadas con carácter lúdico e participativo, ao tempo que pedagóxicas e promotoras da aprendizaxe colaborativa.

No concello de Sandiás desenvólvense  as dúas actividades o xoves, 3 de Xullo en dúas sesión no Local Social de Sandiás no marco do Campamento Concilia Verán 2024. Ambas actividades son gratuítas e están abertas a todos os nenos e nenas do Concello participen ou non no campamento de verán.

  • 1ª sesión: 10.30 h- 11.30 h. XOGUETEANDO: UN LECER DIFERENTE. De 3-6 anos

Duración: 1 hora. Descrición: Narración dun conto animado para promover un consumo responsable e un lecer activo, traballando ademáis os xoguetes seguros e sen riscos. Finaliza coa fabricación polos nenos e nenas dunha volvoreta, presente no conto.

  • 2ª sesión: 11.30 h- 12.30 h. A XINCANA DO CONSUMO RESPONSABLE. Idade: De 7 a 12 anos Duración: 1 hora.

Descrición: Realización dunha xincana onde os grupos teñen que superar diferentes probas nas que se traballan cuestións relacionadas co consumo responsable. Finaliza co deseño e realización dun cartel sobre o consumo responsable e sostible (hábitos de compra, obsolescencia programada, as 3R, reducir o consumo de auga e enerxia.

En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?