
Sábado, 7 de xuño do 2025
Das 9:00 ás 13:00 [Ou o tempo do que
dispoñas].
Concentración:
Casa do Concello de Sandiás.
¡Agardamos por vós!
Con motivo da celebración do #DíaMundialdoMedioAmbiente o sábado 7 de xuño, o concello convoca a todos os veciños e veciñas que desexen colaborar en manter libre de lixo o noso Concello, a unha recollida de grandes vertedoiros no monte e este ano recollida de lixo menor nas aldeas de Couso de Limia e Vilariño das Poldras.
Xa imos polo sexto ano que facemos esta actividade de concienciación medio-ambiental e de limpeza da nosa contorna.
Ven merece a pena o xesto pois na campaña do ano pasado 2024 recolléronse, aproximadamente, 1000 quilogramos de rodas, televisores, azulexos, botellas, zapatos, plásticos, neveiras, biombos e pratos de ducha, sillas, cascos de garrafóns, ferros, cordas, restos de mobles e outros restos de material orgánico e tamén se recolleu lixo menor polas aldeas de Lavandeira e Zadagós.
Para continuar o camiño cara a unha concienciación social lembramos o do punto limpo móbil da Deputación que fai retirada de residuos a domicilio e que precisa dunha simple chamada ao concello ( 988 46 50 01) e dos puntos limpos da Comarca da Limia (Xinzo de Limia, mércores e xoves entre 17.00 h e 19.00 h e sábado 10.00 h-14.00 h; Vilar de Santos, mércores de 10.00 h-14.00 h e Calvos de Randín, xoves de 10.00 h-14.00 h, para que ninguén do concello teña descoñecemento destes servizos e faga uso deles.