VII Campaña polo Medio Ambiente: A caza do lixo polos montes e aldeas de Sandiás

📅 Sábado, 6 de xuño do 2026
⌛ Das 9:00 ás 13:00 [Ou o tempo do que dispoñas].
🌀 Concentración: Casa do Concello de Sandiás.
 
¡Agardamos por vós!
 
Con motivo da celebración do Día Mundial do Medio Ambiente o sábado 6 de xuño, o Concello convoca  a todos os veciños e veciñas que desexen colaborar en manter libre de lixo o noso Concello, a unha recollida  de grandes vertedoiros no monte e este ano recollida de lixo menor nas aldeas de Lavandería e Zadagós.
 
Xa imos polo séptimo ano que facemos esta actividade de concienciación medioambiental e de limpeza da nosa contorna.
 
Ven merece a pena o xesto pois na campaña do ano pasado 2025 recolléronse, aproximadamente, 1000 quilogramos de rodas, televisores, azulexos, botellas, zapatos, plásticos, neveiras, biombos e pratos de ducha, sillas, cascos de garrafóns, ferros, cordas, restos de mobles e outros restos de material orgánico.
______
 
Para continuar o camiño cara a unha concienciación social lembramos o do puntolimpo móbil da Deputación que fai retirada de residuos a domicilio e que precisa dunha simple chamada ao concello ( 988 46 50 01) e dos puntos limpos da Comarca da Limia para que ninguén do Concello teña descoñecemento destes servizos e faga uso deles.
 
🕘 Horario xeral:
☀️ Mañá: 10:00 a 14:00
🌙 Tarde:
▪️ Inverno: 16:00 a 18:30
▪️ Verán (xuño a setembro): 18:00 a 20:30
 
📅 Sábados: 09:00 a 14:00
 
📍 Días de apertura:
▪️ Xinzo de Limia: luns, mércores, venres e sábado + martes e xoves pola tarde
▪️ Vilar de Santos: martes pola mañá
▪️ Calvos de Randín: xoves pola mañá
 
🌱 Coidar do noso entorno tamén depende de pequenos xestos do día a día.
Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.