VIII Trail & Andaina Montes de Sandiás

Un ano máis, voltamos cunha das citas máis esperadas do verán en Sandiás. A oitava edición do Trail & Andaina Montes de Sandiás promete emoción, natureza e deporte para todas as idades.

📍 Programa do evento:
🟢 Andaina (7 €) → ás 17:00 h
🔵 Trail (12 €) → ás 18:00 h
🟡 Carreira de nenos/as → ás 21:00 h
🏆 Entrega de trofeos ao rematar a proba

📣 Os veciños e veciñas de Sandiás participan de balde.

Corre, camiña ou acompáñanos como público… pero non quedes sen vivir esta festa do deporte e da natureza nos Montes de Sandiás!

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?