Vinte alumnos e alumnas visitaron o sábado 22 de Novembro o Centro de Interpretación da Lagoa de Antela. Estaban realizando o curso na aula do Porriño da Universidade Nacional a Distancia: “La Restauración Ecológica: una valiosa herramienta para la conservación del medio natural” cuxo relator foi Diego Rodríguez Vieites, licenciado en Bioloxía e Master en Restauración de Ecosistemas. No curso trátanse aspectos como a degradación ambiental, a importancia do medio natural e da paisaxe, a lexislación vixente aplicable ou como abordar un proxecdto de restauración. Tamén se profundiza nos diferentes enfoques que se poder ofrecer ao implementr proxectos de restauración de ecosistemas en distintos tipos de hábitas lacustes como e o caso da Limia.
Traballo de campo visitando diversos casos de restauración de ecosistema na Limia
No programa tiñan diseñadas sete visitas de campo para o estudo de casos de restauración de ecosistemas. A xornada 6 consistíu nunha saída ao campo para o estudo de casos na Comarca da Limia en Ourense. Viñan a unha xeira especial coa intención tamén de saborear na provincia de Ourense e concretamente á Limia a súa historia, arqueoloxía, etnografía e lugares varios. Visitaron ao longo da mañá coa asesoría da Sociedade Galega de Historia Natural varios casos de restauración na Lagoa de Antela e nas Areeiras de Sandiás.
Visita ao Centro de Interpretación da Lagoa de Antela. Procesos e exemplificacións de destrucción e restauración de ecosistemas na conca da Limia
A intensa visita que se desenvolveu dende as 15.30 h ata ás 17.30 h comezou visionando como contexto un audiovisual sobre diversos aspectos do humidal natural da Lagoa de Antela. Introducíronse na Lagoa por medio de reproduccións de cartografía e imaxes históricas e informáronse dos proxectos de desaugamento da mesma. Fíxose referencia a lagoa en xeral e as súas dimensións e humidais complementarios (complexo húmido Limia-Antela). Tratáronse os proxectos de desecación e a xeografía mítica ( os espazos e habitantes imaxinarios da Lagoa de Antela. Fíxose rápida referencia a diversas lendas e contos como o referido a Cidade de Antioquía). Despois de breves referencias ao folclkore, a etnografía e as economías perdidas da lagoa (comercio de ras, samesugas, ovos, peixes), por último tratáronse aspectos de Xeografía Cultural aplicados a Lagoa de Antela, facendo unha reflexión xeral sobre toponimia.
A continuación pasouse revista aos dous procesos clave que teñen que ver coa conca da Limia e a transformación radical da paisaxe e dos usos do territorio: o proceso de desecación da Lagoa de Antela e o proceso de concentración parcelaria que modificación o paisaxe tradicional da zona. No primeiro fíxose referencia aos intentos de desecamento da Lagoa e analizouse polo miudo o proceso de desecación franquista na etapa do desarrollismo económico coas súas consecuencias e as deficiencias no plantexamento técnico e medio-ambiental do mesmo. Posteriormente exemplificáronse varios proxectos de restauración: Humidal Antonio Vilariño (Veiga de Vilaseca), Veiga de Gomareite, Poza dos Arieiros e das Conícoras nas Areeiras, exemplos de biodiversidade na Lagoa de Antela e especies de aves e flora endémicas, proxecto in-visible pollut desenvolvido por Amigas das Cegoñas, Ecoembes, Ecoloxistas en Acción, Libera, SEO BirdLife e o Departamento de Quimica Analítica da Facultade de Farmacia da Universidade de Santiago de Compostela que detecta sinais de contaminación visibles e non visibles sobre o terreo e pesticidas e mercurio nas plumas das cegoñas, o proxecto Rexenera Life Rexenera Limia de rehabilitación de dúas areeiras finalizado no 2019 e o proxecto de Senda das Cegoñas nas Areeiras posto en marcha por Amigas das Cegoñas, entre outros.
Pola intensidade da xornada e tamén pola premura do tempo non foi posible visitar o resto da Casa da Lagoa nin tratar outros temas como o pobo dos Limicos, as economías perdidas da Lagoa, aspectos etnográficos e xeografía mítica (lendas).
Moi satisfeitos quedamos na Casa da Lagoa e moitas grazas pola vosa visita e interese mostrado esperando que fose de proveito. Esperamos que veñades noutras ocasións, pois o que nos ten que contar a Lagoa de Antela da para moito máis.