A Casa de Cultura de Sandiás abre as súas portas para acoller unha interesante exposición dedicada a Elías Valiña Sampedro, figura clave no rexurdimento do Camiño de Santiago e creador das emblemáticas frechas amarelas que guían a milleiros de peregrinos cada ano.
🗓 Datas: Do 1 ao 20 de abril
🕕 Horario (mércores): De 18:00 a 19:00 h
📞 Fins de semana: Visitas con cita previa chamando ao Concello de Sandiás (988 46 50 01)
👣 Achégate e descobre a súa historia!