Visita do subdelegado de defensa ao Concello de Sandiás por mor da inauguración da exposición «Regimiento Zamora 8 militares en Ourense»

O martes 5 de Marzo de 2024 o Subdelegado de Defensa de Ourense Jesús Antonio Peñas Preckler, visitou ao alcalde de Sandiás Felipe Traveso.

O motivo da visita foi a presentación da exposición  “Regimiento Zamora 8. Militares en Ourense” no marco dos actos culturais que dita subdelegación está a organizar  polo 80 aniversario da chegada do devandito Rexemento de Infanteria á cidade.

Dita mostra estará exposta desde o 4 de abril ao 12 de Mayo de 2024 no Centro Cultural da Deputación Provincial. A exposición trata sobre a pegada militar en Ourense e o foco estará no Rexemento de Infantería que estivo de guarnición entre 1943 e 1987. Tamén se poñerá en valor a rica historia do Rexemento Zamora desde o Terzo de Bobadilla en 1580, os sucesos de Empel e e a súa evolución ata a época actual.

Dita exposición acompañaráse con varias actividades culturais e sociais como conferencias, mesas redondas sobre a vida cotiá no cuartel, presentación de libros, recreacións históricas de escenas cotiás do Rexemento Zamora 8 no antigo Cuartel de San Francisco e comida de confraternización.

Os veciños que nalgún momento da historia tiveron algunha relación con dito Rexemento están invitados a participar nas visitas a exposición e nos diversos actos vinculados a mesma.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.