Visita dos nenos e meniñas do PAI de Sandiás ao Ecoespazo “O Rexo” en Allariz

Os nenos e meniñas do PAI de Sandiás visitaron O Rexo en Allariz o luns día 1, ecoespazo, granxa e queixeria. A visita guiada foi realizada por Begoña e Noemí a quen lle damos as grazas polas suas explicacións didácticas.

O grupo comezou a visita no ecoespazo de “ pedras e arbores” pintadas por Agustín Ibarrola gozando da arte integrada na paisaxe e continuaron cara o fresco recuncho do río camiñando a través dun precioso pontillón.

De seguido colleron forzas cunha pequena merenda a media maña onde ademais de tomar cada un o seu xantar o espazo ofreceulles os nenos iogur artesán natural e aos maiores unha cata de queixos. Seguiuse coa visita a granxa e as ovellas aprendendo cousas básicas sobre gandeiría sostible e terminaron escoitando dous contos da man de Begoña.

Unha maña moi interesante e intensa na que os nen@s gozaron dunha aventura divertida e educativa de educación ambiental.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.