Visita guiada da Asociación «Porquemepeta» ao humidal das Areeiras de Sandiás

Preto de 20 pais, nais e nen@s da asociación “Porquemepeeta” adicada as crianzas galego falantes. Viñan para unha xeira especial por terras da Limia, terra rica en historia, arqueoloxía e etnografía. Xa o pasado domingo 14 de Xaneiro fixeran unha intensa primeira visita ao Centro de Interpretación da Lagoa de Antela en Sandiás de preto de tres  horas. Onte, domingo 23 de Xuño fixeron unha segunda visita pendente ao humidal artificial das Areeiras de Sandiás.

 Visita “in situ” dunha areeira. Patrimonio xeolóxico-minerio, sistemas de explotación e biodiversidade.

Visitouse unha das areeiras en explotación e baixo a guía de Salvador Blanco , recibiron información precisa do sistema e proceso de explotación da areeira. Houbo referencias a xeomorfoloxía e o corte estratigráfico da zona das areeiras, o sistema de explotación industrial e tamén sobre a fase de abandono e restauración ambiental. Na mesma areeira poidemos observar nun dos noiros verticais unha colonia de Andauriña das Barreiras (Riparia riparia).

En relación coa biodiversidade e o patrimonio etnográfico, visitamos o Observatorio 1 (reproducción dun Palafito). Explicáronse con detalle as hipóteses sobre a existencia de Palafitos no hábitat lacustre da Lagoa de Antela e os materiais arqueolóxicos aparecidos e a continuación o observatorio ornitolóxico 2 (Casa dos Terróns), exempo de arquitectura tradicional sustentabel en terra. Poidemos observar cegoñas, Anduriñas das Barreiras e Mergullón Cristado.

Cecais nun futuro próximo estas pezas dispersas  ou como alguén lle chamou “o minifundismo da auga” nas Areeiras de Sandiás, poidan volver configurar un novo humidal artificial herdeiro do xa mítico sistema lagunar natural denominado Lago Beón.

Moi satisfeitos quedamos na «#CasadaLagoa» e #grazas de nova pola segunda visita e polo interese mostrado polo noso patrimonio.

En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?