Vista de paxaro da Torre do Castro tras as reformas

Esta torre, declarada Ben de Interese Cultural, contaba con varios niveis: soto, tres plantas e azotea. Na parte interna do muro da torre que dá cara ao leste apréciase un oco á altura da terceira planta. Trátase dunha escaleira interior que dá acceso á azotea.

Dita azotea atopábase cuberta dunha densa vexetación. A intervención constou de varias accións: roza, limpeza manual e retirada de terra; selaxe manual das xuntas de pedra de sillería; recolocación de perpiaños de cantería e recalce de cimentación con cachotería irregular de pedra de granito compacta amasada con morteiro de cal.

Por último, realizouse unha estrutura de peche para recuperar e protexer a escaleira que dá acceso á azotea. Esta consta dun marco e unha tapa con pendente a catro augas de aceiro inoxidable.

Grazas a Juan José Rodríguez Nocelo por compartir con todos nós este vídeo.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.