Vixías da lagoa”: entre cantos de páxaros e cámaras de papel no pai de Sandiás

A actividade “Vixías da Lagoa” organizada polo Proxecto de Animación Lectora da Furgoteca, Ourense Occidental,  celebrouse o pasado 13 de maio, animada por Reme Cid, no marco da programación das Letras Galegas no Pai de Sandiás, cunha proposta educativa e lúdica centrada na riqueza natural da Lagoa de Antela e da súa contorna.

 

Coa chegada da primavera, son numerosas as aves que poden verse e escoitarse nesta zona, converténdose nun escenario perfecto para achegar o alumnado ao patrimonio natural do territorio.

 Tomando como guía o libro “Antela, a memoria asolagada”, os nenos e nenas participaron en diferentes actividades nas que puideron descubrir os paxaros propios da comarca, así como identificar os seus sons máis característicos.

Para desenvolver a actividade empregáronse imaxes das distintas aves, que se foron amosando ao mesmo tempo que se reproducían os seus cantos, favorecendo así a súa identificación e aprendizaxe dun xeito dinámico e participativo.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.