Durante a sesión do Pleno Ordinario do pasado venres, 19 de abril de 2024 no Concello de Xinzo abordáronse diversos temas, entre eles a ratificaicón do convenio de colaboración para o 𝗢𝗯𝗿𝗮𝗱𝗼𝗶𝗿𝗼 𝗱𝗲 𝗘𝗺𝗽𝗿𝗲𝗴𝗼 𝗱𝗼 𝗣𝗲𝗿𝗲𝗴𝗿𝗶𝗻𝗼 𝗲𝗻𝘁𝗿𝗲 𝗼𝘀 𝗖𝗼𝗻𝗰𝗲𝗹𝗹𝗼𝘀 𝗱𝗲 𝗫𝗶𝗻𝘇𝗼 𝗱𝗲 𝗟𝗶𝗺𝗶𝗮 𝗲 𝗦𝗮𝗻𝗱𝗶𝗮́𝘀. O Concello de Xinzo foi o encargado da súa presentación, tramitación e xustificación. Este programa que se desenvolveu por terceira vez incluiu diversas actuacións de embelecemento e puxo en valor unha vez máis a colaboración intermunicipal como cabeceira de comarca.
O xoves, 21 de novembro pechouse dito obradoiro na Casa de Cultura de Xinzo de Limia coa presenza de Marta Vázquez Guzmán, directora territorial da Conselleria de Emprego Comercio e Emigración; Margarita Álvarez Alcalde, directora do Obradoiro, alcalde de Xinzo Amador Díaz, o alcalde de Sandiás, Felipe Traveso os monitores e monitoras e alumnado.
O obradoiro tivo unha duración de 9 meses e ofreceu prácticas de traballo e cursos de formación a 20 alumn@s de ámbolos dous concellos. Despois do último Obradoiro de Emprego que revalorizou a Vía da Prata ao seu paso por Xinzo de Limia e Sandiás, os dous concellos volveron n a unir as súas forzas para realizar novas obras de acondicionamento no Camiño de Santiago e favorecer a inserción laboral de persoas desempregadas. O obradoiro ofreceu formación nas especialidades de instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes, e na de Instalación de elementos e carpintería e completou a súa formación competencial con varias visitas formativas a empresas da zona como Xinzo Wood, Viveiro Tragsa e Anquin Madeira facéndolle na empresa Yvyra un agasallo con máquina de cnd.
En relación co Concello de Sandiás, o alcalde Felipe Traveso, pechou o obradoiro coas seguintes palabras: “cumprimos satisfactoriamente o proxecto e fixéronse moitas cousas. Douvos as grazas tanto aos alumnos de Xinzo que traballaron moi ben en Sandiás cando lle tocou e os de Sandiás polo que me toca. Grazas a dirección administrativa coa cal houbo sempre moita sintonía e fluidez nas decisións e nunca dixeron que non a nada. Sacamos moitos proveito a este obradoiro. Espero que os alumnos saquedes moito proveito e que vos sirva profesionalmente para buscar unha saída laboral. Grazas tamén a Xunta. Temos xa tamén outro obradoiro en marcha. Grazas a todos”.