O Concello de Sandiás convídate a participar na Xornada de Portas Abertas do Punto de Atención á Infancia (P.A.I.), unha oportunidade para coñecer de preto o noso proxecto educativo, pensado para acompañar ás familias e favorecer o desenvolvemento integral dos máis pequenos e pequenas.
📅 Martes, 2 de setembro de 2025
🕥 De 10:30 a 12:30 horas
📍 Instalacións do P.A.I. de Sandiás
Durante esta xornada, as familias poderán descubrir as nosas instalacións, falar co equipo educativo e coñecer a metodoloxía que caracteriza ao noso centro:
✨ Actividades e programas temáticos: ioga, arte, teatro, baile, deporte, educación ambiental e propostas adaptadas á idade.
🌿 Entorno privilexiado: un espazo seguro, no rural, rodeado de natureza.
👨👩👧 Traballo en comunidade: actividades coas familias e iniciativas respectuosas que fomentan a convivencia.
O noso proxecto
-
Atención e coidado individualizado de nenos e nenas de 3 meses a 3 anos.
-
Horario amplo, adaptado ás necesidades das familias.
-
Fomento do vínculo de apego, sempre respectando os sentimentos e ritmos de cada neno e nena.
-
Atención ás necesidades básicas de hixiene, sono e alimentación.
No P.A.I. de Sandiás cremos que cada neno e nena é único/a e merece un acompañamento próximo, cálido e respectuoso.
📞 Para máis información: 988 465 321
✉️ paisandias@gmail.com