Xornada de presentación da furgoteca en Sandiás

O venres, 10 de xaneiro, celebrarase no Concello de Sandiás a xornada de presentación do proxecto FURGOTECA (Biblioteca Móbil), cun programa que inclúe as seguintes actividades e horarios:

10:30 h – 11:00 h
No Punto de Atención Infantil (PAI). Participan as cativas e cativos do PAI e o alumnado de educación infantil do CEIP de Sandiás con contacontos, obradoiros creativos, espazo de xogos e moito máis.

11:00 h – 11:30 h
No CEIP de Sandiás. Dirixido ao alumnado de educación primaria, que gozará de contacontos, obradoiros creativos, espazo de xogos e moito máis.

11:30 h – 13:00 h
Na Casa do Concello. Actividade para a mocidade e persoas adultas do concello que desexen asistir. Poderán informarse sobre os servizos da Furgoteca, tramitar o carné de usuario e descubrir o préstamo de libros, revistas, prensa, publicacións periódicas, videoxogos, películas en DVD, recomendacións de lectura e moito máis.

Nas próximas semanas publicaranse as rutas e itinerarios de 2025 cos lugares e horarios nos que a Furgoteca achegará “libros frescos” ás 18 aldeas do Concello de Sandiás.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?